Casa de la Cultura de Tomiño
ALFREDO // Casa Cultura de Tomiño

O Concello de Tomiño organiza as Xornadas Formativas Sobre Asociacionismo No Ámbito Local, que terá lugar na Casa da Cultura os días sábados 6 e 13 de abril.

A actividade, denominada “Kit De Primeiros Auxilios Para Asociacións Sen Ánimo De Lucro”, é un ciclo de dúas xornadas formativas en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, organizadas polas Concellerías de Cultura e Deportes do Concello de Tomiño.

As xornadas están dirixidas ao tecido asociativo de Tomiño e teñen como obxectivo capacitar ás entidades locais para o uso das ferramentas básicas para a creación de entidades sen ánimo de lucro, o manexo das ferramentas tecnolóxicas necesarias para a tramitación de procedementos administrativos, a solicitude de subvencións e o cumprimento das obrigas derivadas da actividade asociativa.

Os concelleiros de Deportes e Cultura, Ismael Troncoso e Cristina Martínez, respectivamente, explican que estas xornadas xurden coma consecuencia do que establece a Lei 39/2015 do Estado Español no seu artigo 14 “Dereito e obriga de relacionarse electronicamente”, segundo o cal,  a partir do mes de outubro de 2018, todas as asociacións, comisións, agrupacións e demais entidades legalmente constituídas están obrigadas a presentar a documentación de xeito electrónico; neste caso, mediante a Sede Electrónica do Concello de Tomiño.

Para poder asistir a estas xornadas é preciso inscrición previa, rematando o prazo o xoves 4 de abril do 2019. Poderán participar como máximo 2 persoas por entidade local.