O Concello de Tomiño solicita 24 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

As persoas aspirantes deben estar empadroadas en Tomiño e estar inscritas no SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) coma demandantes de emprego non ocupados e dispoñibles, tanto no momento da sondaxe, coma no da contratación.

A xornada en tódolos casos será de 6 horas diarias (80%) excepto o carpinteiro oficial 1ª, os instaladores electricistas oficial 1ª, mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial 2ª e o soldador de estruturas metálicas lixeiras especialista, cuxa xornada será do 100%.

As contratacións, de concederse, serán para 12 peóns de xardinería, 2 albaneis, 1 carpinteiro, 1 condutor de retroescavadora, 2 instaladores electricistas, 1 mecánico de mantemento, 1 soldador de estruturas metálicas lixeiras, 2 técnicos administrativos, 1 psicólogo ou psicopedagogo e 1 enxeñeiro técnico forestal.

No seguinte enlace da páxina web municipal pode consultarse a información completa.