ALFREDO // Plaza de O Calvario en O Rosal

En vindeiras datas celebrarase o Nadal e, con tal motivo, o Concello do Rosal  organiza o concurso “Decora o teu comercio no Nadal” co fin de fomentar a creatividade e a destreza dos veciños na arte da decoración de Nadal no comercio local.

Bases:

  • Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. O tipo de decoración/adorno, tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.
  • A decoración (belén, árbore….) será colocado no comercio local que o participante desexe, por rexistro de entrada, entre os días 14 e 15 de decembro. O comercio terá para tal fin un espazo axeitado.
  • Os traballos exhibiranse ata o día 6 de xaneiro de 2019.
  • A retirada dos traballos deberá efectuarse o 7 e 8 de xaneiro de 2019 de 9.00 a 12.00 horas ou no horario acordado co propio comercio, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.
  • Establecerase unha única categoría de adulto a partir dos 18 anos e haberá un único premio dun vale de compra por valor de 100€ no comercio do Rosal.
  • O xurado estará formado por tres membros da ACOR e dous membros do Concello do Rosal.
  • A orde no rexistro de entrada do concello permitirá escoller ó comercio local onde o participante exporá o seu traballo de Nadal.
  • O fallo do xurado realizarse antes do 24 de decembro.
  • A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos decorados navideños participantes en calquera medio que estime oportuno.
  • Prazo e lugar de inscrición no concurso dos decorados de Nadal, ata o día 12 de decembro no Concello do Rosal.