Conchi Ortega junto a Núñez Feijóo
FOTO PP A GUARDA // Conchi Ortega junto a Núñez Feijóo y Ana Pastor (archivo)

O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra así como a Xunta Xestora do PP local deron luz verde á celebración, o próximo 5 de maio, do Congreso Local da Guarda, no que terán dereito a voto os máis de 600 afiliados do partido neste municipio.

A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora, Alfonso Manuel Pérez, Hortensia María Vicente Santiago e María Jesús Martínez Martínez. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, cando asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

Todos os afiliados do PP da Guarda que aspiren á presidencia do partido terán ata o 24 de abril para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 100 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 3 de maio.

Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.