A Biblioteca Pública Municipal de Tui abre o seu programa de actividades de “Outubro, mes da biblioteca” cun contacontos inclusivo en lingua de signos e lingua galega a cargo de ContAZ co seu espectáculo “A Maleta”.

Está baseado nun álbum ilustrado do autor Chris Naylor-Ballesteros. Unha historia tenra sobre a amizade, a inclusión e a aceptación do diferente. Esta actividade terá lugar este venres, 11 de outubro, ás 17.30 horas. Está dirixida a nenos dende os 5 anos de idade.

A programación do Mes da Biblioteca continuará ao longo do mes de outubro coas seguintes actividades:

Mércores 16 – Día das escritoras

  • Dedicado a Emilia Rosende. Mesa redonda coa participación da propia autora.
  • Biblioteca Municipal – 19:30 horas

Xoves 17

  • Espectáculo “Filipa cos contos” con Bandullo Azul
  • Biblioteca Municipal – 17:30 horas

Mércores 23

  • Encontro dos Clubs de Lectura con Rexina Veiga sobre o seu libro “O teu perfil na miña sombra” – 19:00 horas.

Xoves 24 – Día da Biblioteca

  • Contacontos “Burromaquia” con Fantoches Baj
  • Biblioteca Municipal: 17:30 horas

Ata 25 de outubro

  • “A exposición secuestrada. Estampa Popular Gallega. Tui – 1968” en Sala Municipal de Exposicións.