Este xoves celebrouse no Porto dos Barcos en Viladesuso, unha reunión co Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

Nesta reunión, aberta a toda a cidadanía, Besteiro coñeceu de primeira man «as necesidades e inquedanzas da cidadanía oiense nun clima informar e cordial, no que non faltaron tamén as anécdotas ou historias do municipio de Oia», sinalan dende o PSdeG.

Gerardo Rodríguez Refojos, candidato á alcaldía do PSdeG-PSOE de Oia, manifestou a súa ledicia por esta visita do Delegado do Goberno en Galicia o municipio, na que aproveitou tamén para tratar temas «moi importantes para o Concello, como o saneamento, a sanidade, os transportes, a seguridade vial, entre outras».

José Ramón Gómez Besteiro despediuse de Oia coa promesa de «voltar próximamente para tratar máis en detalle certos temas que considerou de alto calado e que se terán en conta dende as accións que se realizan dende a Delegación do Goberno en Galicia».