A Última Dorna de Ons é un documental de Anxo Cabada e Antón Davila, que nace da morriña e das ganas de que non se esqueza a tradición pesqueira destas embarcacións na illa de Ons.

Este documental cuxos protagonistas son os habitantes de Ons, e en especial Césareo Patiño, o último mariñeiro que nunca abandoou a illa. Coa última dorna que queda nesta illa situada á entrada da ría de Pontevedra, Césareo realiza un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron manter unha economía de subsistencia.

Anxo Cabada, fotógrafo de Sabucedo, traballou no audiovisual nas series para a TVG, “Os viaxeiros dá luz” e “O fío do retrato”. Antón Davila, músico de Bueu, participou como realizador de documentais de natureza e etnografía galegas.

O documental, de 30 minutos de duración, será presentado por Xosé Ramón García o vindeiro venres 28 de marzo ás 20:00 horas no local do IEM, Av. Campo dá Feira 10 en Gondomar.