Este mércores, todo o alumnado o CPI plurilingüe Arquitecto Palacios tivo a sorte de asistir a unha conferencia do escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura.
Estivo no Salón de Actos do centro de 10:00 a 11:30 horas para festexar o “Día da Poesía”, 21 de marzo, e falar dos seus libros, especialmente «Poemar o mar» e «Na fogueira dos versos». Foi presentado pola alumna de 4º de Primaria Inés Román.
O poeta fixo recitar conxuntamente ó alumnado poemas seus e púxolle voz a un monicreque chamado Martiño, como o personaxe do seu libro e recitou tres poemas do seu libro «Na fogueira dos versos».
Dous alumnos de Secundaria, Edgar Sanromán e Yerout Fernández, rapearon dous poemas deste libro. Ó final do acto asinoulles os seus libros a todo o alumnado e á Biblioteca do centro, adicada a Xosé María Álvarez Blázquez.