O vindeiro xoves, terá lugar a última sesión da Ruta das artes e oficios 2018, organizada este verán polo Concello de Tomiño, co fin de achegar a arte e os artistas locais á cidadanía. O escultor elixido para pechar a actividade é o escultor Xuxo Vázquez.

O punto de encontro para esta última visita será o propio estudo do artista (datos de localización ao final da nota) e a hora de reunión, as 20.30.

O 12 de xullo, comezaban as Rutas de Artes e Oficios 2018; organizadas por segundo ano consecutivo, polo Concello de Tomiño dende a Aula-Museo Antonio Fernández de Goián; unha serie de visitas aos talleres de diferentes artistas asentados no municipio, co fin de que a xente interesada, puidera coñecelos de primeira man.

A primeira visita foi ao estudo de escultura e cerámica de Liliya Pobornikova e Nando Álvarez.

Logo foi o escultor Antúnez Pousa o encargado de abrir as portas do seu estudo, seguido da pintora Pilar Alonso e, finalmente, de Xuxo Vázquez, escultor afincado en Tomiño, que revelará este xoves algúns secretos da súa forma de facer arte.

A concelleira de Mocidade, Patrimonio e Turismo, Fátima Rodríguez, salientou a boa acollida que tiveron cada unha das rutas, con grupos de 15 a 20 persoas, o que facilitou a visita aos estudos dos artistas.

A actividade, para todos os públicos, é gratuíta; so é preciso inscribirse na páxina web do Concello neste link: Inscrición Actividades