Este Nadal, o Gondomar CF voltará a ter Torneo nas Gaiandas. A cita será moi especial, pois nesas datas numerosas familias danse a oportunidade de acompañar e vivir unha xornada festiva con equipo. O día 28 de decembro serán equipos benxamíns de segundo ano os que visiten a vila Condal, mentres que o día 29 será a quenda para os alevíns de primeiro ano.
Entre os moitos equipos confirmados, atópanse como principais novidades a do Pabellón CF de Ourense, a AD Polígono da mesma provincia, ou o FC Porto, dende Portugal. Moitos equipos da contorna repetirán respecto á participación do ano pasado, entre eles o Atlético Riveira, que será un dos representantes da provincia de A Coruña.
«Boa gastronomía como ven sendo habitual, gran ambiente, coidamos que o tempo acompañe e poidamos nunhas datas moi especiais, pasar unhas xornadas inesquecibeis sobre todo para os máis cativos, que contarán con numerosas sorpresas», sinalan dende o club.