Tras o ano de pausa debido ás obras, a Catedral de Tui convidanos á edicion de maior envergadura e internacionalidade do festival Música no claustro. Sete dias -do sábado 4 ao venres 10 de agosto- de #reencontros coa musica, co patrimonio e coa creacion, aos que se suma o concerto de presentacion celebrado no Museo Nacional de Escultura o pasado 14 de xuño.
Unha edicion con dobre sede que pon a atencion no nome propio de Diego de Avellaneda. O legado dos seus escasos dez anos de bispado na Catedral de Tui ainda e notorio ao igual que no Museo Nacional de Escultura, entidade que conserva o seu valioso sepulcro renacentista desde 1933.
O bispo Diego de Avellaneda e o seu sepulcro articulan un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con musicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz; un taller e unha conferencia de imaxineria castelá; sete percorridos arquitectonicos nocturnos e a conversa inaugural o sábado 4 de agosto con María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura, seguido do concerto de Álterum Cor.
A ilusion e enerxia das novas xeracions continua presente noutros catro concertos de musica de cámara, jazz, blues e soul, coa presentacion do novo disco de Eva Fernández, co debut en Galicia da cantante africana Tina Masawi, a musica de cámara do Kebyart Ensemble ou co renovado ciclo de novos interpretes dedicado a estudantes galegos, no que resultaron seleccionadas as propostas do percusionista Carlos Puga, a violoncellista Julia Caro Trigo, a acordeonista Noelia González e o quinteto de metais EntreRías.
Yolanda Castaño dálle vida á verba poetica galega contemporánea cun recital poetico, ao que se suma a presentacion do libro publicado por Alvarellos que nos mostra a primeira viaxe de estudos a Galicia de Garcia Lorca.
O compromiso social de Música no Claustro traballa por continuar ofrecendo a entrada libre -a partir das 21.30 horas- a todos os concertos do programa. Nesta XIII edicion afrontase o reto de avanzar na adaptacion do acceso ao espazo e actividades a persoas con discapacidade visual canda á ONCE.
O festival renova e incrementa os acordos necesarios con todas as institucions, empresas e persoas que fan posible esta agardada edicion de Música no claustro, un festival entre o “domestico” e o “monumental” nun dos espazos máxicos do patrimonio e da paisaxe galega: a Catedral de Tui.