O Festivaliño On The Road, o cine itinerante máis pequeno do mundo tras un verán de xira por Galicia, parará este martes, a partir das 10:00 horas, no colexio C.E.I.P. Refoxos e o mércores, tamen ás 10:00 horas, no colexio C.E.I.P Mestre Manuel García, ambos no Concello de Oia.
Máis de 10.000 espectadores xa gozaron deste festival de curtametraxes para nenos. Cazatalentos (gañadora dun Goya a mellor curtametraxe de animación), e otras curtas internacionáis coma “Ian” ou “LE Petite Condonnier” son algunhas das seleccionadas.
O longo da xira de este verán fixeron xa 60 paradas, por diferentes puntos de Galicia, percorrendo os diferentes Camiños de Santiago.
O Evento está acompañado de obradoiros audiovisuais e de reportaxes entre outras actividades.