O Gondomar CF homenaxea ao Club Tenis

O Gondomar CF homenaxeará nos prolegómenos do encontro ante o líder do domingo ás 16:00 horas, ao Club Tenis Gondomar e aos seus deportistas; que veñen de acadar resultados fantásticos para o Concello.

Co compromiso social que temos, e como non podería ser doutra forma, tamén será recoñecida toda unha traxectoria. Haberá entrega de trofeos e saque de honra.