homenaxe cpa gondomar

O Gondomar CF homenaxeará nos prolegómenos do derbi ante o Erizana do vindeiro domingo ás 16:45 horas, ao CPA Gondomar e aos seus deportistas; que veñen de acadar resultados fantásticos para o noso Concello.

“Co compromiso social que temos, e como non podería ser doutra forma, tamén será recoñecida toda unha traxectoria“, indican dende o clube. Haberá entrega de trofeos e saque de honra.