Máis de tres centenares de persoas participaron nas cinco probas do «»Depo Desafío 2018» celebradas nos concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, O Grove, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Vigo no que resultaron gañadores a rosaleira Ariana González e o O Gondomareño Brais Misa.
Tanto González como Misa remataron as cinco probas (esixíanse catro) do “Depo Desafío” finalizando, deste xeito, unha media maratón, unha BTT, unha proba de trail, unha travesía a nado pola ría e un tríatlon, que a e o converteron en campioa e campión do “Depo Desafío” e acadaron, así, os dorsais personalizado para acudir ao maratón de Berlín, cos voos incluídos.
Esta novidosa actividade deportiva, que rematou hoxe en Vigo, ía dirixida a deportistas amantes do deporte extremo. Todos eles coincidían esta mañá, ao remate da proba, no seu desexo de que a Deputación de Pontevedra continúe o vindeiro ano coa proba, “xa que é difícil atopar probas do seu nivel en lugares tan privilexiados e a un prezo tan competitivo”.
O “Depo Desafío 2018” combinou ao longo destes tres meses probas deportivas cheas de experiencias, de emocións, e en contornas naturais desde a beira do Miño, ata a ría de Arousa, montes da Cañiza e de Cerdedo-Cotobade e praias como a de Samil en Vigo.
Deste xeito, ao longo da proba os deportistas participantes percorreron 21 quilómetros en carreira a pé á beira do Miño, realizaron unha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítmo do Grove a a Illa da Toxa, o trail pola Cañiza nun percorrido de 15 quilómetros, a BTT de 35 quilómetro por Cerdedo-Cotobade así como o tríatlon na modalide sprint que tivo lugar esta mañá en Vigo, na praia de Samil, e deu por finalizado o “Depo Desafío 2018”.
