O Concello de Nigrán continua este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, co seu ciclo de teatro, recibindo nesta ocasión ao grupo de Vigo «Porta Aberta», coa súa obra, ‘Extraños hábitos’.
O Concello programa actuacións de grupos de teatro afeccionado da comarca os restantes sábados de outubro e ata o 16 de novembro, todas elas con entrada de balde e ata completar aforo.
A seguinte actuación será o 26 de octubre co grupo de Teatro Castro Barreiro, de Salceda de Caselas con «Os tres grandes sinvergoñas»; o 9 de novembro Teatro do Ar, con ‘Distintas Compañías’; e o 16 de novembro grupo Expresión Teatro de Mourente con «Convivir».