Nancho Novo

O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, será o responsable de dar o pregón da  XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira este venres día 6 de xullo a partires das 21:00h na Praza do Reló da Guarda.

Nado en 1958 na Coruña, combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock “Los Castigados sin postre”.

Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo “El Club de la Comedia” e participa coma colaborador no programa radiofónico “Hoy por hoy Madrid” de Radio Madrid.

O seu debut coma actor profesional remontase ao 1988 no teatro de Madrid e proseguiu na súa carreira alternando traballos no teatro, cine ou series televisivas como “Fariña”.

Como ven sendo habitual a lectura do pregón será a noitiña, dando o “pistoletazo” de saída a unha fin de semana cargada de actividades que atraen a numerosos visitantes e turistas, así coma a veciños da Guarda e da Comarca do Baixo Miño.

Grazas á excelente habilidade humorística de Nancho Novo está asegurado que o seu pregón será unha cita que non te debes perder e dende o Concello da Guarda invitase a todo o público a asistir.

Tralo pregón realizarase a apertura da Carpa no Porto da Guarda onde xa se poderán degustar os produtos do mar e da cociña mariñeira. Será sobre as 22:30h cando Nancho Novo realice o seu espectáculo “El Cavernícola”, obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid.

Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizarase un serán mariñeiro contando coas actuacións de máis dunha decena de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizarán esta noite.

Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira poderase degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de Langosta custará 25€, pero tamén haberá outras tapas coma percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo… a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema, con racións dende 1,5€.

Programación variada e para todas as idades

A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira terá inicio o venres 6 de xuño co acto de lectura do pregón na Praza do Reló ás 21:00h, que nesta edición recae no recoñecido actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Esa mesma noite ás 22:30h fará unha actuación na carpa do Porto, presentando o seu espectáculo “Cavernícola”.

Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.

O Domingo 8 de xuño amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.

Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos(non esquezades o bañador!). Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.