Xosé Manuel Millán Otero

Este venres, ás 20:30 horas, na Aula Ponte de Rosas de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presenta o libro de poesía As cinzas de Pasolini, de Xosé Manuel Millán Otero, publicado pola editorial Toxosoutos.

Na presentación, o autor estará acompañado polo poeta Xosé Daniel Costas Currás e a escritora Marta Dacosta, da Xunta Directiva do IEM.

Xosé Manuel Millán Otero publicou o seu primeiro libro de poesía en 1992, «Este é o tempo do sal», recoñecido co accésit do Premio Esquío de poesía. Tres anos antes obtivera o premio de poesía O Facho por Retrato de muller con navios ao fondo. En 1995, gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón con As palabras no espello. As cinzas de Pasolini é o seu terceiro libro de poesía, un dos títulos finalistas do último premio Victoriano Taibo.