O IEM presentará dous actos esta semana, un, o xoves 11, «Los márgenes: la esencia de la educación», e o outro, o venres 12, “Joaquín Vaamonde Cornide”.

En primeiro lugar, este xoves 11 de abril ás 20h no local do IEM estará José Enrique Abalo Quintela que presentará o seu libro “Los márgenes: la esencia de la educación”. O Acto será presentado por Eladio Ferro.

Para rematar a semana, o venres 12 de abril ás 20h estará Perfecto Ramos no local do IEM na presentación do seu libro “Joaquín Vaamonde Cornide. Un pintor galego con éxito internacional a finais do século XIX”. O acto será presentado por Carlos Méixome.