O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XV Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo.
O Premio rexerase polas seguintes bases:
1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin estar premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).
2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 400 versos con unidade temática, non podendo superar as 250 páxinas.
3. Os traballos presentaranse con letra de corpo 12 a través do Formulario de Participación, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón: Formulario
4. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 30 de setembro de 2023.
Nese formulario indicarase o título co que se presenta a obra e pseudónimo escollido pola autora ou autor. Tamén se cargará un arquivo coa obra en formato PDF. O arquivo en PDF non poderá conter datos ou metadatos que identifiquen a súa autoría real.
Máis información sobre as bases.
Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:
XV Premio de Poesía Victoriano Taibo
Apartado 30
36380 Gondomar (Pontevedra)
