O vindeiro mércoes, 3 de agosto, terá lugar unha nova Xeira do IEM: unha “Noite de Estrelas na Serra da Groba” con Bruno Centelles García e Gustavo Sanromán Vázquez.

Previo á observación astronómica gozaremos, desde os cumios da Groba, do espectacular solpor sobre o mar de Baiona e Panxón e sobre o Val de Miñor.

Sendo unha actividade estática, nocturna e ao aire libre é importante levar roupa de abrigo. Recoméndase tamén levar unha manta ou esterilla, ou mesmo unha cadeira lixeira, para sentarse.

Esta actividade terá unha duración aproximada de 90′ non supón dificultade física nin require inscrición previa.

Haberá intérprete de lingua de signos.

Establécense dous puntos de encontro:

  • Ás 20:30 no aparcadoiro da Chan da Lagoa (GPS 511567.98 m E 4659896.76 N)
  • Ás 21:00 no aparcadoiro do Alto da Grova (GPS 514028.21 E 4657554.56  N)