Ilustración Samu Piñeiro

Este próximo xoves 23 de febreiro o IES Auga da Laxe celebrará o Día de Rosalía 2023 cun acto que se desenvolverá de 11:30 a 12:00 horas aproximadamente, na Praza Rosalía de Castro e que conta coa colaboración do Concello de Gondomar.

Abrirase a celebración coa lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega («Cumpriuse a xustiza», de Carme Adán), a cargo dun grupo de alumnos e alumnas de 2ºBach.

A continuación farase unha lectura de poemas de Rosalía de Castro, por parte de varios rapaces e rapazas de 3º ESO, así como do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e do Concelleiro de Cultura, Juan Rodríguez Bas.

Pecharase o acto coa interpretación do Pasodobre dos Albariños a cargo dos gaiteiros Pedro Alonso e Marcos Crusat, alumnos de 2º Bach. Ademais, os alumnos e alumnas de 1º ESO repartirán entre os asistentes uns folletos que prepararon con poemas de Rosalía, nos que se inclúe tamén unha ilustración realizada expresamente para a celebración polo alumno de 1º ESO Samu Piñeiro, ilustración que achegamos con esta nota.