RUBENS // Cuartel de la Guardia Civil en A Guarda

Este martes, o tenente de alcalde do Concello da Guarda, Anxo Baz, manterá unha reunión co Subtenente do Posto da Garda Civil no municipio, Elogio Rivas, para entre outros temas, tratar o recente incremento de furtos en establecementos comerciais na vila.

Baz pedirá novamente un operativo de seguridade cidadá, para coordinar os corpos de seguridade de cara restaurar a tranquilidade habitual na Guarda.