O “Laroca A” de xadrez ocupa a terceira posición tras a derrota ante o líder

Despois do parón da liga provocado pola celebración dos campionatos galegos sub 18 e sub 14, celebrouse na sede de Mallón a sexta xornada da liga galega con resultados dispares para club miñórano.

Na primeira división o Laroca A saíu derrotado no seu enfrontamento co líder do grupo, os ourensáns de Liceo grupo Postal por 1-3, o único punto foi conseguido no terceiro taboleiro por Tino. Con este resultado os miñoráns pasan a ocupar a terceira posición na táboa clasificatoria. Este sábado desprazaránse a Marín para enfrontarse ó Ence xadrez Marín, que ocupa a cuarta posición empatados cos laroqueiros.

Na segunda división resultados dispares, o equipo do Laroca B sufriu unha dura derrota por 0-4 ante os Vilagarciáns de CXF zona Aberta, con este resultado os miñorans pasan a ocupar a sexta posición. Este sábado desprazaránse ó Baixo Miño para enfrontarse o segundo clasificado, o Albatros A.

O Laroca B gañou por 3,5-0,5 o equipo do Albatros B, puntos conseguido grazas ás táboas de Tomás e as vitorias de Carlos, Jorge e Antonio. Con este resultado os laroqueiros abandonan os postos de descenso e situanse no oitavo posto da clasificación. Este sábado desprázanse a Vilagarcía para enfrontarse o CXF deportes Rodas.

Na terceira división vitoria por 4-0 do equipo Laroca Mallón-IES Auga da Laxe ante o equipo EXP CVCV Valadares, puntos conseguidos por Ricardo, Mauro, Agustín y José Manuel. Con este resultado afiánzanse na segunda posición da táboa clasificatoría. Este sábado os laroqueiros desprázanse a Mos para enfrontarse o Club xadrez Mos H.

Gala do Deporte de Vigo

Mireya Represa foi nomeada nos XX premios da Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca. A xadrecista do Laroca foi nomeada na modalidade de xadrez na categoría absoluta, grazas os meritos conseguido no ano 2018, campiona de España na categoría sub 18, e novena no campionato europeo celebrado en Riga