O vindeiro 3 de maio, ás 20:00 horas, celebrarase a Gala do Deporte Feminino Galego, que organiza a Deputación de Pontevedra. O acto terá lugar no auditorio municipal de Vilagarcía e nel se premiará o Mecalia Atlético Guardés como millor equipo galego por segundo ano consecutivo.
O Atlético Guardés repite premio como mellor equipo galego. Despois de acadar o título de Liga na máxima categoría do balonmán feminino español en 2017, ao ano seguinte quedou segundo clasificado (empatado a puntos co primeiro).
No transcurso deste evento, se procederá a entrega dos VII Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2018. Con estes premios, Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) busca lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade.
Lista de premiados/as:
Mellor deportista feminina:
- Ana Peleteiro.
Mellor deportista feminina con diversidade funcional:
- Susana Rodríguez Gacio.
Mellor deportista feminina promesa:
- Teresa Abilleira
- Melania Rodríguez
Mellor adestradora:
- Carla Abad .
Mellor equipo feminino:
- Atlético Guardés
Premio á traxectoria:
- Nieves Gamallo
Mellor árbitra ou xuíza:
- Zulema González
Mellor directiva:
- A directiva do Burela F.S.
Mellor club:
- Cidade de Lugo Fluvial.
Medio de Comunicación polo deporte feminino do 2018:
- Diario de Pontevedra
- Faro de Vigo.
Institución pública amiga do deporte feminino:
- Diputación de Pontevedra
Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino:
- Rodosa
Mellor iniciativa a prol do deporte feminino:
- Escola de Fútbol Feminino Rosalía Grupo de Estudos de Xénero, Actividade Física e Deporte (GEXAFD) do INEF da Coruña.
- Programa O xénero nos ollos da Universidade de Vigo.
Mención especial:
- Judith Rodríguez.
Mención honorífica In Memoriam:
- Manuel González Soto
- Micalea Sinde