O Mercado da Música da Guarda, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello, chega o vindeiro sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis.

Ás 11:00 horas arrancarán as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos. Diferentes stands amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos, roupa de segunda mán, entre outros.

Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge e máis grupos por confirmar.