DIPUTACIÓN PONTEVEDRA

Mañá, mércores chega ao Mercado de Tomiño a exposición ‘Re(i)xas. Mulleres baixo o terror franquista’, a historia de 172 mulleres da provincia represaliadas durante a ditadura franquista.

Unha mostra de balde, organizada pola Deputación Provincial, coa colaboración do Concello, e que será inaugurada ás 12.00 horas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal Fariña e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

A exposición estará aberta até o día 9 de decembro, no primeiro andar do mercado, nos horarios habituais de atención ao público.