O mozo Mario Costa

O atacante de 19 anos Mario Costa-Flores Moráis, afincado en Vigo, convértese na segunda fichaxe do equipo de cara a vindeira tempada.

Iniciou a súa etapa sénior co Gondomar CF tras formarse nas categorías inferiores do Vigo 2015, Coruxo FC e Val Miñor, equipo do que procede dende o xuvenil división de honra.

Agora, co obxectivo de voltar á primeira, destacou que «aposté por el Gondomar porque me llamó muchísimo la atención el proyecto deportivo, y la ambición de cara al futuro. Confiando muchísimo en el proyecto, tenemos que quedar arriba de todo y ascender, otra cosa sería un fracaso».