O Concello da Guarda, a través da Concellería de Patrimonio, procedeu á instalación dun sistema de iluminación que permitirá por en valor o pintado do mural realizado recentemente no espigón norte do Porto da Guarda.

Dende esta fin de semana e, coincidindo coa XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, os veciños e visitantes da Guarda apreciarán todo o esplendor destas pinturas cunha iluminación que permanecerá durante todo o verán.

Esta actuación realízase para realzar o patrimonio marítimo guardés con motivo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo no Porto da Guarda. Neste mural poden apreciarse moitos elementos do patrimonio marítimo da vila, como as marcas mariñeiras, o barquiño, o peixe espada ou a mesma langosta.