ALFREDO

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán, contará na súa XIII edición, do 26 e 27 de xullo no esteiro de A Foz (A Ramallosa), coa gran actuación estelar da cantante americana Deborah Carter o día 27, quen ademais ofrecerá unha master-class matinal no Auditorio do Concello para cal se abrirá a inscrición a vindeira semana.

A programación, presentada hoxe oficialmente, outorga nesta ocasión o gran protagonismo á muller, xa que a esta artista únese o trío feminino e tamén internacional Hey Cats o venres 26 no escenario do Rilla na Rúa, evento gastronómico que un ano máis vai unido tamén ao Nigranjazz.

Como xa é sinal de identidade do festival, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos volverán a estar presentes en tódalas formacións feitas unha vez máis ex-profeso para o Nigranjazz, como Xosé Miguelez&Jean-Michel Pilc Quartet e o cuarteto de Pablo Castaño, o venres 26, e o quinteto de Fernando Sánchez, o 27, como antesala da actuación de Deborah Carter, quen tamén reúne para a ocasión a Xan Campos ao piano e Chus Pazos á batería xunto a Mark Zandveld ao contrabaixo.

Off-Room, trío 100% nigranés, completan o cartel o día 27 no escenario Rilla na Rúa xunto as jams sessións posteriores aos concertos. O Nigranjazz, ao que se une Cervezas Alhambra como colaborador, conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs, Rodosa ou ACentralFolque.

“Nigrán é xa unha referencia no circuíto nacional de jazz e o seguirá sendo nesta edición de marcado caracter feminino, feito de que estamos moi orgullosos”, resumiu o alcalde, Juan González, na presentación. “Deborah Carter é unha cantante de jazz de referencia en toda Europa, onde desenvolve o seu traballo, sabemos que vai causar unha gran sensación porque é unha vocalista impresionante cun estilo moi persoal. Ademais, contamos co trío feminino Hey Cats que reivindica firmemente o papel da muller no jazz ao punto de que son grandes investigadoras deste tema e interpretan só temas compostos por mulleres», destaca Felipe Villar, director do Nigranjazz, quen incide no seu compromiso «de que a calidade artística prime sempre por riba de todo”. «Unha vez máis o Nigranjazz ofrece a oportunidade de gozar de artistas que difícilmente veñen ao noroeste peninsular e de actuacións únicas porque son formacións feitas para esta ocasión».

O cartel deseñado polo Leonardo Abate será o empregado para difundir esta undécima edición tras resultar gañador entre as case 100 propostas presentadas ao concurso Quin Alborés.

Viernes 26: Martín Lopo Trío

  • Martín Lopo: Piano
  • Juan Alonso: Contrabajo
  • Juan Guerrero: Batería

Sábado 27: Rubén Fernández Cuarteto

  • Rubén Fernández: Voz
  • Suníl López: Piano
  • Juansi Santomé: Contrabajo
  • Max Gómez: Batería