Policía Local de Gondomar
ALFREDO

A voceira do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, culpou ao alcalde, Paco Ferreira, do desmantelamento do corpo da Policía Local que nestes momentos só dispón de dous policías e dous auxiliares para atender unha poboación que nesta época pasa dos quince mil habitantes.

Actualmente a plantilla, dice Bouzós, «consta de seis efectivos policiais, dos cales dous están de baixa, un de excedencia e dous de vacacións, un Oficial-xefe e dous Auxiliares xa que os outros dous renunciaron ó seu posto, quedando o Oficial-xefe ó servicio, un policía e dous auxiliares».

«Durante este mes de agosto non hai servicio de tarde nin de noite, e turnos de mañá cubertos a base de horas extra. O máis grave é que isto é algo que xa se ven arrastrando de meses atrás. Xa no mes de xullo tamén se suspenderon turnos, (inclusive nas festas patronais de San Benito). Para o Partido Popular de Gondomar non é e recibo nin nada serio que o alcalde trate de “reclutar” efectivos policiais a través de publicacións nas redes sociais e a desesperada«, apunta a voceira popular.

“A Policía Local é un corpo de vital importancia para a seguridade dos veciños de Gondomar, e os seus membros son persoas formadas e capacitadas para realizar as súas encomiendas, e para iso está a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Si o alcalde queré facer un concurso nas redes sociais, que use outro motivo de menos importancia para os veciños”, comentou.

«A todo isto hai que engadir que dous policías que estiveron en comisión de servicio entre os anos 2017 e 2018 e que poderían seguir un ano máis, volveron os seus respectivos concellos, motivado polas desavenencias co actual xefe da policía, Obdulio Iglesias, nomeado pola alcalde Ferreira para darlle un revulsivo á Policía e transformala, segundo as manifestacións do propio rexedor. A fiura de Iglesias como xefe da policía ven sendo tema de controversia en Gondomar ata o punto que nos últimos días apareceron nalguns puntos do centro, e nas redes socias, uns folletos para recoller firmas solicitando o cese do mesmo», sinalou a voceira.

Cabe recordar que cando Ferreira chegou á alcaldía, a Policía Local contaba con once efectivos, (7 policías, 1 oficial e 3 auxiliares), encontrándose vacantes a maiores duas prazas de policía e unha de Inspector.

Desde o Partido Popular de Gondomar instan ó alcalde a que «deixe atrás a demagoxia e que poña a traballar neste asunto ó concelleiro delegado de seguridade, José Manuel Chamorro, para garantir a seguridade da veciñanza, que debe ser sempre un asunto de máxima importancia, é o alcalde o debería saber, toda vez que foi no pasado xefe deste mesmo corpo policial”, afirmou a voceira do PP gondomareño.