A presidenta do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, acusa ó alcalde de Gondomar Paco Ferreira de mentireiro e pide a súa dimisión por facer como propio o logro de dous veciños de Vincios de acercar ó Vitrasa á entrada do barrio da Fraga.
Nunha visita que ven de facer a presidenta do Partido Popular de Gondomar ó barrio da Fraga en Vincios, Miguel Martínez e Eugenio Lorenzo, explicáronlle cales foron os pasos que deron para conseguir esta parada do Vitrasa.
«Hai un mes, e aproveitando que a concelleira de transportes de Vigo reside preto das nosas casas, pedímoslle unha cita para tratar de conseguir que o Vitrasa puxera unha parada na entrada do barrio. Días despois a concelleira recibiunos no seu despacho do concello de Vigo, cousa que lle agradecemos, e tivemos a oportunidade de exporlle as nosas demandas e os beneficios, non só para os veciños da Fraga senón tamén para o resto dos veciños de Valadares, si se facían unha serie de cambios na ruta do Vitrasa, e aproveitando se puña unha parada no bar Costiñas. Á concelleira Ángeles Marra pareceulle unha moi boa idea e nos dixo que case con toda seguridade ía por a parada que demandábamos«, explica Miguel Martínez, un dos veciños.
«Cal é a nosa sorpresa, cando vemos nas redes sociais ó alcalde de Gondomar anunciando como propio ó logro de por a parada na entrada do noso barrio, cando nin tan sequera moveu un dedo neste asunto, nin é capaz de resolver ó problema do transporte de Gondomar con Vigo. Este home só sabe vender fume», expón Martínez.
Paula Bouzós agradece a estes dous veciños o seu logro e os felicita pola súa constancia e perseveranza en conseguir melloras para o seu barrio. Neste caso conseguiron acercar o Vitrasa ó seu barrio, aínda que en territorio de Vigo, tal e como se encargaron de puntualizar os veciños presentes, xa que o Vitrasa en ningún momento entra en terreo de Gondomar, «ó contrario do que afirmou o alcalde de Gondomar«.
«Cabe recordar que Paco Ferreira anunciou na prensa e nas redes sociais que o Vitrasa xa chegaba a Gondomar e que mais de 3.000 veciños se ían beneficiar deste logro seu. Non é a primeira vez que Paco minte e os veciños xa o van coñecendo. A súa palabra cada vez ten menos valor. Nos ven á memoria cando nun pleno dixo «Xa verá como os falsos techos están. Si non están en septiembre dimito, como xa levo dito vinte veces aquí. E cando dou unha palabra cumplo», en referencia ós falsos teitos do colexio de Vincios que non fixo no prazo que prometeu e tampouco dimitiu, faltando a súa palabra«, indicou Bouzós.
«Non se pode estar constantemente enganando ós veciños, e tratar de vender fume para tapar as súas carencias. Agora que se acercan as eleccións parece que se pon mais nervioso e xa lle vale calquera cousa para poder quitar noticias, aínda que sexa apropiándose do traballo alleo, o que demostra unha vez mais a súa nula capacidade de xestión e traballo«, apunta a presidenta do PP de Gondomar.
«Gondomar non se merece un alcalde sen escrúpulos, que se apropia do traballo dos demais e que minta tan descaradamente ós seus veciños. Por todo isto, pídolle a súa dimisión«, remata dicindo Paula Bouzós.