Banco Alimentos Gondomar
FOTO CEDIDA

A presidenta do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, non entende as manifestacións do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acusando ós voluntarios de facer un traballo partidista e acusando ós mesmos de abandonar agora este cometido, unha vez que el mesmo tomou as rendas de concellaría de Benestar Social.

Tanto nas redes sociais como nalgún medio de comunicación, o alcalde Paco Ferreira manifestou o seguinte: “este martes toca e todos os voluntarios que había (excepto un), abandonan por ser do Partido Político Manifesto Miño- Arauxos, e por ser expulsados do Goberno municipal a concelleira de Benestar Social e os dous concelleiros que formaban o seu grupo. Como alcalde aproveito a ocasión para agradecerlles os servizos prestados e de traballar polo ben común e por Gondomar de maneira partidista, e non polas súas xentes”.

Para a presidenta do PP de Gondomar, “que non comparte para nada estas manifestación e deixan en evidencia a quen as pronuncia, isto forma parte do que os veciños levan padecendo durante toda esta lexislatura, o enfrontamento diario entre os que no seu día foron socios de Goberno e que agora se acrecenta despois de que o alcalde decidira expulsalos do goberno municipal. Estes voluntarios non merecen que se lles trate desta forma”, afirma Bouzós.

A presidenta recorda ó alcalde que, “en ningún momento os voluntarios usan as súas ideoloxías políticas nin calquera outro tipo de ideoloxías e crenzas para o seu ben, mais ben todo o contrario. Ademais, este tipo de accións veñen desenrolándose dende hai moito tempo coa participación de voluntarios con toda clase de ideoloxías, pensamentos e crenzas, sen que ata o de agora fora isto impedimento para exercer libre e voluntariamente este servicio en favor dos demais veciños”.

“Gondomar ten a sorte de contar, non só con este tipo de voluntarios, os que aproveito para agradecer o seu esforzo así como ceder parte do seu tempo para beneficio dos demais veciños, si non que ten un tecido moi importante de asociacións de veciños, centros culturais e deportivos, comunidades de montes e augas, Anpas, etc., e que todos eles están formados sempre por persoas que desinteresadamente e sen agardar ningún recoñecemento nin lucro posterior, ceden parte do seu tempo para usar no ben dos demais veciños”, manifesta a presidenta do PP de Gondomar.

“Si alguén trata de quitar rendemento partidista do voluntariado, ese non é outro que Paco Ferreira”, remata dicindo Paula Bouzós.