Os deputados Alberto Pazos, Felisa Rodríguez e Moisés Rodríguez compareceron en rolda de prensa onde destacaron a aposta da Xunta polos concellos do sur da provincia que contarán no ano 2024 cun orzamento de máis de 33,3 millóns de euros.

Os deputados que estiveron acompañados de alcaldes e portavoces dos concellos da comarca resaltaron que o Goberno galego vén de aprobar os orzamentos máis elevados da súa historia «para investir en estabilidade, nas persoas e no futuro, ademais de consolidar todas as rebaixas fiscais que estaban en vigor».

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nestes concellos pontevedreses, xa que o punto de partida en investimentos vaise ampliar ainda máis a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou Alberto Pazos.

As actuación máis importantes recollidas nas contas galegas para estes concellos engloban medidas prevención de risco dos ríos Miñor e Zamanáns, en Gondomar; 1M € en actuacións en materia de humanización no marco do Plan Hurbe; 2.5M€ no centro de coidados do Rebulón, en Mos; e a ampliación do centro de saúde de Porriño, así como na vía de alta capacidade Tui-A Guarda, dotada con 5M€ e a ampliación do IES Pedras Rubias, en Salceda de Caselas

Unhas contas que reflicten o compromiso da Xunta con esta comarca, que reflicten que o Goberno galego cumpre cos nosos concellos, que non para de traballar e de acadar obxectivos”, indicou Moisés Rodriguez.

Ademais, a Xunta vai inverter a maiores en toda a provincia 6.6M euros para o fomento da mobilidade sostible urbana e interurbana con sendas peonís e ciclistas, preto de 5M€ en melloras da seguridade viaria, 6.8 M€ en reforzo do firme e conservación; e máis de 10M€ da Axencia de Turismo para infraestruturas turísticas, no Camiño de Santiago e na rede de albergues, entre outros, ademais de seguir apoiando a promoción e difusión do turismo na nosa provincia.

No eido deportivo cabe destacar as transferencia a entidades, federacións e técnicos, as axudas á fundación deporte galego, o bono deportivo dotado con 6.4M€ para a provincia; e o Plan específico de acción comunitaria destinados a asociación rurais, que conta con 1.7M€; case 1M€ para os consorcios provincias contraincendios; 22.M€ para accións formativas cualificación desempregados e 12.4M€ para Obradoiros Duais de emprego 2024-2025.

No eido de Política Social, a provincia conta con 90M€ para funcionamento de de centros públicos, preto de 12M€ para tarxeta benvida e bono coidade e máis de 20 M€ gratuidade escolas infantís.