O grupo municipal do PP de Tui vén de alertar da “errática” política económica e da situación de inestabilidade financeira do Concello ante a necesidade de recorrer a un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (REC) de 759.431,70 euros para pagar facturas atrasadas e fora de presuposto, ao tempo que, por esta mala xestión das contas municipais, se deixaron de investir case 400.000 euros nunha área tan sensible e necesaria como Servizos Sociais.

Soben os impostos xustificándoo para atender necesidades como os servizos sociais, e sen embargo no 2023, deixaron sen xestionar case 400.000€ destinados a este servizo. Importe que volve o remanente con que e pagan despois facturas que non seguen o procedemento legal de gasto, como as que traen no recoñecemento extraxudicial de crédito.

O concelleiro popular Lino Cendón lamentou a “falta de previsión e de proxecto do goberno socialista e a súa aposta polas obras faraónicas innecesarias” coma pode ser a reforma da praza de abastos ou a da rúa Augusto González Besada, que supoñen un gran investimento que só conseguen agravar aínda máis a situación económica actual do concello. Tamén indicou que as subas de impostos do goberno -que tiveron o voto en contra do PP- “debían centrarse en obras produtivas, en pagar axeitadamente aos provedores e cumprir co gasto social”

O concelleiro popular sinalou que recorrer continuamente a caixa dos aforros do concello “é síntoma do descontrol económico deste goberno, xa que soamente deberíanse utilizar para cubrir gastos excepcionais sobrevindos. Sen embargo o goberno local recorre constantemente o remanente para pagar facturas atrasadas e fora de presuposto, saltándose os procedementos establecidos na Lei de Contratación do Sector Público. Indicou ademais, de que existen informes desfavorables de intervención, que son “demoledores” e que advirten dun posible incurrimento en infraccións moi graves polo que o actual alcalde debe asumir responsabilidades”.

Finalmente, o edil do PP sinalou que que na actualidade estase operando cos orzamentos prorrogados do ano 2022 e o Concello “non pode funcionar correctamente” sen Orzamentos Municipais e instou ós socialistas a presentalos aínda que cremos que non teñen capacidade para elo.