Tui adquiere el Teatro Principal
Firma de adquisición Teatro Principal

A rehabilitación do Teatro Principal esixe un acordo plenario que teña o apoio unánime do tódolos grupos municipais co fin de poñer en valor este símbolo da cultura tudense e desterrar a actual imaxe do edificio na paisaxe do Conxunto Histórico de Tui.

A adquisición do Teatro Principal por parte do Concello de Tui, mediante acordo unánime do pleno da corporación municipal á Fundación Teatro Principal, implica que este inmoble pasa a ser de titularidade municipal e polo tanto unha responsabilidade de todos.

A Corporación municipal acordara así mesmo por unanimidade, instar a declaración de este inmoble como Ben de Interese Cultural, outorgándolle a máxima protección urbanística por parte da Consellería de Cultura.

Resta que sexa o propio Pleno da Corporación o que adopte sen dilacións, un acordo unánime con fin de instar ao Ministerio de Fomento, a actualización do proxecto de rehabilitación e que posteriormente o execute tal e como se fixeron e se están facendo con outros inmobles de análoga natureza ao longo da xeografía española.

Así, o Teatro María Luisa de Mérida; Teatro Cervantes de Segovia; Teatro Emperador de León; Teatro Palacio Valdés de Avilés ou o Teatro Salón Apolo de Miranda son claros exemplos da implicación do Goberno Central na rehabilitación deste tipo de inmobles de alto valor cultural. O Teatro Principal de Tui, emblemático edificio do noso Conxunto Histórico merece un idéntico tratamento pola historia que atesoura, ninguén esquece que foi a sede dos primeiros Xogos Florais da Galicia en 1891.

O Partido Popular de Tui, por voz do seu candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais, entende que o compromiso coa cultura da nosa cidade debe estar ao marxe de calquera loita partidista.