O Candidato do Partido Popular de Tui expresa a súa máxima indignación pola colocación por parte do Ministerio de Fomento do Goberno de España da recente sinalización na PO-552 de indicadores de “tramo de concentración de accidentes”.
A demanda veciñal non obtivo a resposta axeitada por parte da Administración do Estado, titular da vía. Os veciños de Tui, seguen a xogarse a vida para accedera a pé aos centros comerciais da zona. A parroquia de Areas leva máis de dez anos sen beirarrúas e pasos de peóns para cruzar esta estrada.
Acceder a pé ao principal núcleo comercial de Tui na zona é unha odisea na que os veciños se xogan a vida. Hai anos que o denuncian e mesmo puxeron en marcha unha campaña de recollida de firmas para que as administracións buscasen unha alternativa á de xogarse a vida. Só recibiron a calada por resposta pero a colocación de novos valos no tramo de maior afluencia tanto de vehículos como de persoas na estrada que vertebra a comarca é unha provocación.
«Dende o Partido Popular de Tui consideramos que, tendo en conta de que a demanda veciñal non foi atendida por ningún medio polo Ministerio de Fomento, en máns do goberno socialista, é unha labazada na cara e querer lavarse as mans coa colocación de novos valos nas que se identifica este punto como «Zona de concentración de accidentes», sinalan os populares de Tui.
«Trátase ademais«, indican «dun punto de confluencias de varias vías de comunicación, as principais do sur galego con Portugal e, a súa densidade media habitual de tráfico, que supera os 20.000 vehículos ao día (moitos de gran tonelaxe xa que nas inmediacións está en parque empresarial e a entrada e saída con Portugal), con picos durante os días festivos e fins de semana que dificultan aínda máis o tránsito, tanto rodado como peonil na zona«.
O voceiro dos popularas apunta que decenas de veciños, moitos deles sen coche, persoas maiores con dificultades de mobilidade e nenos «han de xogarse a vida a diario porque lles resulta inevitable ter que facer a compra a diario pero ven minguados os seus dereitos, necesidades e capacidades pola imposibilidade de cruzar unha estrada«.
Hai anos que se visibiliza este problema nas redes. Agora Fomento, “dálle a razón” colocando valos nas que confirman o que eles denunciaban. «Tramo de concentración de accidentes». «Fomento deu así de alto e claro. Con tremendo cartel de letras maiúsculas e, en negriña. Seica iso non o sabían os usuarios?. Non é unha provocación?«, advirte.
«A solución ao noso entender», explica o voceiro popular, «pasa pola colocación duns semáforos, a construcción dun paso elevado ou calquera outra solución técnica que permita aos veciños deixar de estar confinados nas súas vivendas tendo que arriscarse para acudir a un supermercado que non está nin a un quilómetro das súas casas».
«Impulsaremos unha solución a este grave problema de seguridade viaria instando á administración competente, reiterándolle as veces que sexan precisas ata que quede definitivamente arranxado, non descartando calquera tipo de movilización. A preocupación pola vida dos nosos veciños está por riba de todo», finaliza.