Antón Fraguas (TVG)

O Centro Cultural de Mañufe, Gondomar, celebra o vindeiro 17 de maio ás 19:30 horas, festivo autonómico, o “Día das Letras Galegas”, adicado este ano ao escritor, historiador, antropólogo e etnólogo Antón Fraguas Fraguas.

No acto farase a lectura de textos da súa obra polos vecinos da parroquia. Contarase ademais coa actuación do grupode gaitas “Os Romanteleiros”, do grupo folk “Tradisón” e do grupo de baile “Fíbulas”.

Tamen se fará entrega dos premios aos gañadores do IV Certamen Literario Verbas Novas. O evento está organzado pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe.