Nuevo alcalde de Baiona
ALFREDO // Ángel Rodal Almuiña (Archivo).

Son moitas as familias de Baiona que están a pasar unha incerteza laboral que xamais houberan pensado, moitas delas teñen pequenos negocios familiares polos que levan loitando moitos anos e das que dependen outras familias que agora están nun ERTE, e se dende o Concello non se lles apoia, pecharán e esa incerteza converterase en desemprego tanto para os que rexentan os negocios, autónomos, como para os seus empregados.

O Alcalde que é o responsable máximo do Concello non pode estar a dedicar o tempo en liortas sen razón coa Asociación de comerciantes e empresarios de Baiona, un gremio que sabe o duro que é por en marcha un negocio e aínda máis mantelo no tempo, agora está en xogo o futuro laboral de moitas familias e o futuro de Baiona.

Baiona necesita un goberno que tome medidas que activen a economía para evitar que nos próximos meses siga crecendo o desemprego polo peche de comercios e empresas do municipio. O tripartito “ non está á altura das circunstancias”, é incomprensible que mentres o Goberno Central anuncia unha desescalada a cal rematará no mes de xuño o Alcalde unicamente pense en actividades para o mes de Outubro a Febreiro, sen ter un plan local que “progresivamente e en consonancia coas indicacións do Estado e da Xunta de Galicia se adapten á “nova normalidade” de cara a época estival.

Nos momentos de crise hai que aproveitar as oportunidades da diferenciación, “reinventarse”, Baiona é un destino de referencia cun gran potencial e non podemos quedar atrás nestes momentos tan críticos. Moitos Concellos están a traballar de arreo para fomentar o emprego e as actividades lúdicas para os próximos meses. Dar por perdido o verán é dicirlles as empresas e a toda a xente que nos visita que Baiona morre é nos non podemos permitilo, é o momento de por sobre a mesa un conxunto de medidas e posibilidades concretas de cara á época estival, sen temor de que moitas delas non se poidan levar a cabo pero sí moitas outras. Aceba, Ovalmi, Confradía, etc son colectivos que hai que ter moi en conta, quen mellor que o gremio da hostalaría para axudar á toma de decisións en relación ás medidas que fomenten o seu sector.

Entre moitas outras medidas que se poden adoitar o Partido Popular apoia o uso de espazos públicos para a hostalaría, en cidades como Londres é habitual comprar comida para levar e degustalas en parques e xardíns, tamén se poden ampliar os espazos de terrazas en vías públicas mentres dure a situación atípica, para levar isto a cabo é imprescindible traballar en consonancia, Concello, comercio, hostalaría e veciños, contando sempre coa seguridade que nos proporciona a supervisión da policía local dos usos públicos. Son tempos de reinventarnos, de levar a cabo actividades culturais ao aire libre controladas e cumprindo coa seguridades que estipulen en cada momento.

Dende o inicio desta crise sanitaria, o PP de Baiona estivo a disposición do goberno local, coa intención de “colaborar” e “sumar esforzos” en beneficio da veciñanza. De feito, este grupo municipal propuxo ao tripartito un paquete de medidas en materia de seguridade, social e económicas que “foron ignoradas na súa maioría”, sen que se aplicaran alternativas por parte do Concello. Nos diferentes encontros co goberno tripartito, tanto o grupo popular como os colectivos transmitiron propostas ao rexedor que finalmente “caen en saco roto”, dende o goberno local non chegan a concretar ningunha proposta e os baioneses e baionesas necesitan canto antes que se tomen medidas porque a ineficacia de hoxe terá dramáticas consecuencias no futuro próximo.

Aínda así, este grupo municipal continúa participando en todas as reunións ás que nos convidan dende o Concello para aportar ideas que dinamicen a economía local e minimicen os efectos da crise sanitaria, propoñendo alternativas que consideramos viables. A última este xoves na que o PP volveu a manifestar o apoio as iniciativas económicas presentadas pola Aceba en relación aos vales engadindo a posibilidade de que un 0,5% (ou o porcentaxe que se considere) das vendas fora destinada a axudas sociais, deste xeito fomentaríase a actividade comercial local na procura de que non se perdan empregos e tamén reportaría axudas ás familias máis desfavorecidas.

Son moitos os veciños e veciñas que están alarmados ante a actitude e pasividade do Alcalde e o futuro ennegrecido se o tripartito non se pon a traballar de arreo nun plan estratéxico económico, social e cultural para os próximo meses, esta inquedanza tamén nola trasladou a Aceba o día de onte nunha vídeo conferencia co portavoz do partido popular local. É un momento crucial para establecer medidas concretas na procura de fomentar o emprego e estimular a actividade empresarial.

Hai tres tipos de persoas: “os que fan que as cousas pasen, os que miran as cousas que pasan e os que preguntan que pasou”, nestes intres o Alcalde está a “miralas vir”.

Instamos ao tripartito que se poñan a traballar de inmediato, que fagan un plan estratéxico socio- económico e cultural para este verán e para os meses seguintes, contribuíndo en evitar que se pechen negocios e que se manteñan os postos de traballo, sempre seguindo as directrices do Goberno Central e a Xunta, en colaboración coa corporación municipal e tamén cos colectivos que son de gran axuda. Son momentos de sumar e non restar.

O Partido Popular de Baiona, reitera unha vez máis a súa inquedanza e colaboración neste mementos tan importante no futuro de Baiona.