Conchi Ortega, voceira do PP de A Guarda

O grupo municipal do PPdeG no Concello da Guardia xustificou a súa negativa a apoiar os orzamentos municipais presentados no último pleno para non incurrir en calquera tipo de irregularidade legal, “ao contemplar unha serie de subvencións arbitrarias que contan coa advertencia e o informe negativo de Intervención ao non contar cunhas bases reguladoras que respecten os principios de igualdade, obxectividade, publicidade e concorrencia pública e teñen un tufillo claro de que se van conceder, presuntamente, a dedo”, manifestou a portavoz local, Conchi Ortega.

Os populares consideran que as contas municipais “están feitas a presa para intentar correxir a imaxe ante a cidadanía de inacción e parálise dos tres anos deste goberno e non recollen tampouco os investimentos que demandan os veciños e veciñas da Guardia e que contaron co respaldo e a aprobación en sucesivos plenos “como as obras de mellora da rúa de acceso ao Conservatorio, agora rúa Vigo e Celta, a baixada do IBI a familias numerosas e empresas que cren emprego no municipio e moitas outras cousas máis das que pasa por completo o equipo de goberno”.

Ortega tamén insistiu para argumenta-la negativa do PPdeG a apoiar estes orzamentos municipais á “falla de transparencia e descoñecemento por parte da oposición e dos veciños do papel que xoga o Concello en órganos de especial interese como o GDR, a Mancomunidade do Baixo Miño e outro tipo de entidades e xuntanzas ás que acude o alcalde ou, pola contra, que manifesta a súa desidia constante pola súa ausencia”.

A voceira popular tildou tamén de “electoralistas” ás contas municipais e sinalou que “non podemos estar de acordo cun goberno que durante tres anos  baleirou de contido todos os plenos e que agora quere dar a imaxe de que quere porse a traballar. Nós  somos oposición e tentamos ser construtivos con propostas para solucionar os problemas reais dos veciños e veciñas da Guardia, para facer obras necesarias, acudimos a todas as reunións e negociaci pero non fomos tidos en conta, e por tanto non vamos a apoiar os ornamentos, dun goberno que por riba dos intereses do concello que goberna, pon os seus electorais propios”.

Preocupación polas subvencións arbitrarias, discrecionais e con pouco fundamento legal

Analizando polo miudo os orzamentos, os populares amosan o seu escepticismo dun xeito especial no tocante ao capítulo de subvencións municipais que pretende repartir o equipo de goberno. “Si apoiásemos estes ornamentos, outra vez cun anexo de subvencións sen baremar polo pleno e sen plan estratéxico de subvencións obrigatorio , estaríamos de novo incumprindo a lei, polo tanto o primeiro que quero que conste en acta, e que non podemos estar de acordo con non barema-las subvencións,  por legalidade e por coherencia. Tal e como pretende facer o equipo de goberno, podese dar a paradoxa,  que clubs comarcais poden recibir máis que outros que compiten a nivel mundial, e viaxan por España e o mundo case tódalas fins de semana. Non queremos dicir que os comarcais e provinciais non o merezan que por suposto que o merecen e incluso en maís cuantía, senón que deberase ter en conta dalgún xeito o papel que desempeñan aqueles clubs que levan o nome da Guardia polo mundo adiante traendo trofeos case cada fin de semana”.

Nula xestión diante da deputación no convenio para as obras de concepción areal e parálise dos traballos para o plan xeral

En canto ao convenio coa Deputación para o arranxo da rúa Concepción Arenal os populares amosaron o seu total desacordo. “A capacidade de xestión é nefasta e queda clara no convenio da rúa Concepción Areal. Eses 300.000 euros, que só a Guarda tivo que por, un 30%,. Mentras outros concellos negocian mellor como o de Pontevedra que ten convenios por valor de 9.000.000 de euros ou Vigo que leva 24.000.000 euros, pero tamén, o de Baiona, cun 20% de achega do Concello, o cal non é sospeitoso como os outros dous de privilexios en convenios. A Guarda negociou mal, e estes ornamentos son os que o demostran, nos non seremos cómplices”.

E en canto á elaboración do Plan Xeral, a voceira popular sinala que “tamen nos sorprende que agora si hai cartos, por fin, para contratar unha nova empresa para o Plan Xeral, cando dende maio de 2015, xa Consultora Galega dixo que o deixaba. Por capricho da Alcadía non se contratou ata o de agora unha empresa para o plan, agora si?. Desde logo resulta moi sospeitoso”.

Ademais, Conchi Ortega, botou en cara á Alcaldía a nula capacidade de executar os orzamentos do ano pasado e sinala que “falando de inversión a execución de orzamentos pasados hai que dicir que non foron capaces de cumplir máis que o 60% do presupostado neste capítulo pese ás grandes necesidades que presenta o municipio da Guardia e os seus veciños e veciñas en inversión. Non saben xestionar nin son quen de levar adiante os seus propios proxectos. Lamentable!”, magoouse a voceira popular.

Falla de ingresos dos GES e o Padroado en perigo

Por último, os populares expresaron a súa preocupación pola “desidia na búsqueda de ingresos para reinvertir en solventar os problemas reais dos nosos veciños e veciñas e así vemos como no capítulo de ingresos tampouco se cumpriron como a dos GES; 3 anos esperando por isto, e agora cando só falta un pensa que vamos a apoiar os orzamentos. O portavoz socialista, que pretende ser moi hábil para xogar con cromos nos orzamentos, si esa habilidade a utilará en aprobar a moción do GES, que é da súa competencia, seguro seguro que xa levabamos 2 anos polo menos ingresando dos seguros e de outros concellos pola súa interención, pero como cada uno usa as habilidades para o que quere, e outros se deixan lexitimamente…”

Por último, Conchi Ortega referiuse ao Padroado e sinalou que “apróbase uns ornamentos tamén do Padroado, que non nos parecen nada consensuados cos propietarios, de feito preguntaban para que eran as partidas, cando sendo tres partes esas partidas debían ser decididas polas partes implicadas. Este alcalde vai a pasar a historia por acabar cun padroado con mais de 30 anos de historia e lle queda pouco para retratarse moi negativamente con isto”.

A modo de conclusión Conchi Ortega argumentou que non aprobaban estes orzamentos por responsabilidade política e social ante os veciños e veciñas da Guardia e porque “nin vamos a apoiar a xestión de este goberno, nin imos ser cómplices de  quen paralizou obras durante tres anos para facelas todas xuntas no derradeiro da lexislatura, demostrando que a política electoralista do Partido Socialista na Guardia está muy por enriba dos intereses xerais e lexístimos dos guardeses e das guardesas”.