Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Neste mes de xullo a comarca do Baixo Miño encherase de música grazas a “Musigal 2019”, o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. En concreto, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, actuarán no Rosal o mércores 24 de xullo.

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás “Adufeiras de Salitre”, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música (2016).

O programa “Musigal 2019” naceu co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música.