poeaje de vincios
ALFREDO // Peaje de Vincios

Este mércores, 6 de novembro, tivo lugar o pleno ordinario do Concello de Baiona. Na orde día constaba unha solicitude dos Socialistas para esixir a gratuidade da peaxe de Baiona en concreto, e das que afectan ao Val Miñor en xeral.

«A sorpresa chegou no propio pleno, cando a portavoz do Partido Popular, Ruth Álvarez, falaba de que había que manter esa peaxe por dous motivos: O primeiro, porque era a máis barata de Galicia, e segundo, porque os cartos recadados servirán para aumentar o investimento en vivenda. Debe ser para construír as 1.000 vivendas prometidas en campaña que claramente non van chegar«, ironizan os socialistas.

Os socialistas pregúntanse «Cal é a realidade? A Xunta ven de liberar as autoestradas AG-56, entre Santiago – Brión, a A-52, que une Portugal e o Morrazo, ademais da AG-53 e AG-54, que conecta a autoestrada Santiago – Ourense. Pero, unha vez máis, esquécense de Baiona e do Val Miñor. Por non falar de que, no que respecta á vivenda en Galicia, por cada 10€ que constan no presuposto a Xunta só leva executados un total de 80 céntimos».

Segundo os socialistas «sen novidade algunha, o Partido Popular vota en contra desta gratuidade e volve a antepoñer as siglas do seu partido e ás ordes recibidas dende Madrid fronte ao interese dos veciños e veciñas de Baiona, que terán que seguir pagando máis que o resto de galegos e galegas por acceder a servizos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares».