O pasado mércores, 2 de outubro, o Concello de Baiona compartía en redes sociais a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) que suporá unha mellora do funcionamento interno e no servizo de cara á veciñanza.
«Se ben é certo que Almuíña aclarou que trátase dunha ferramenta de traballo fundamental para o bo funcionamento do Concello, debeu esquecerse dun punto moi importante. A realidade é que todo o proceso foi iniciado polo anterior alcalde, Carlos Gómez, o único capaz de reunir a sindicatos e ao goberno municipal para aprobar unha norma que levaba décadas de atraso. Por que non a aprobou o señor Almuíña en 12 anos que estivo de alcalde?», pregúntanse dende o PSOE
Este mércores pasado o alcalde enviaba unha mensaxe aos portavoces da oposición para informar que o luns, 14 de outubro, tería lugar a comisión informativa e o xoves, 17 de outubro, o pleno para a aprobación definitiva desta norma.
«Un pleno cun único punto na orde do día e un pleno cun único obxectivo. Apuntarse un tanto cos traballadores municipais que non lle corresponde. Pero isto non é todo. Fai máis dun mes varios membros da corporación informaron que non poderían asistir aos actos celebrados entre os días 12 e 19 de outubro. Que fai o alcalde? Convocar comisión e pleno para eses mesmos días a sabendas que só acudirán os 11 do PP?», apuntan dende o PSOE.
Afirman os socialistas que «o señor Almuíña chegou a Baiona como un rodillo, a tumbar anos de acordos nos que, independentemente do partido de goberno, as cousas se consensuaban e se respetaba a todos os membros da corporación«.
Asimesmo indican que os veciños que puideron ver os últimos plenos «son xa conscientes da deriva autoritaria que atravesa a nosa vila. O alcalde interromper nos plenos, quítalle a palabra aos concelleiros cando están falando e incluso impediu votar ao grupo socialista unha moción propia na que pedían a rebaixa nas taxas para os feirantes, garantindo a celebración das festas nos vindeiros anos».