O voceiro do grupo socialista no Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, asegurou nunha nota de prensa que “no ano 2010 invirtironse 700.000 euros, financiados polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, en duas sendas peoniles no municipio que abarcaban 19 kilómetros, percorrendo a Veiga do Louro, ao seu paso polas parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas, e a día de hoxe, moitos tramos se atopan intransitables“.

Para o Grupo Municipal Socialista” indica Cabaleiro, “resulta realmente lamentable, despois da cuantiosa inversión realizada no noso Concello, co obxectivo de dar a coñecer os recursos naturais cos que contamos, así coma fomentar o turismo na nosa localidade, que nestes momentos non se realicen unhas mínimas actuacións de mantemento e conservación como un simple desbroce ou retirada de árbores caidos que están a impedir o tránsito a calquera persoa que decida utilizar a senda”.

En relación a este tramo de senda o Grupo Municipal Socialista lamenta que o proxecto de paseo entre a Marina e a praia da Metralla, que estaba prevista executar con cargo a unha baixa das partidas de Deputación no ano 2017, o actual Goberno “non fose quen de levala a cabo e nin tan siquera apareza nos Plans da Deputación do Concello de Tui para este ano”.

“Nunha situación similar se atopa o tramo da senda que vai dende o Centro Interfederado ata a vella Ponte Internacional, obra que no seu día executou Costas e impulsada polo anterior equipo de goberno no ano 2016 e que contou cun orzamento de 80.000 euros. Cabe salientar que este tramo é utilizado na actualidade por moitos peregrinos na súa entrada cara a Tui. Asemade siguen sin concretarse avances da prolongación desta senda cara ó Concello de Tomiño, proxecto que redactara o anterior goberno así coma a xestión cos veciños afectados pola senda,” afirma o voceiro soc¡alista.

“Son innumerables as queixas que transmiten os veciños e usuarios das sendas, que non só son usadas polos veciños de Tui, senón tamén polos turistas e peregrinos que acoden ó noso concello para disfrutar de actividades de ocio e práctica deportiva nun entorno tan privilexiado como a ribeira do Miño ao seu paso por Tui,” finaliza o exrexidor.