CONCELLO // As Aceñas.

O vindeiro xoves 18 de xullo, ás 12:00 horas, as Aceñas (O Rosal) serán o escenario para o espectáculo “A música da auga. Contos e cantos do río Miño”

O acto consiste en que un pescador de cantigas (Servando Barreiro) e un home-peixe, un xacio do Miño (Anxo Moure), percorrerán contando e cantando a bordo dunha réplica rodante da gamela guardesa (última barca tradicional) o río o seu paso por las Aceñas para divulgar a súa riqueza fluvial e cultural do río Miño.

A intención é sensibilizar sobre o coidado dos leitos fluviais dando a coñecer a xeografía do Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes de pesca e da propia toponimia