The Buttshakers
The Buttshakers

A praza do Calvario do Rosal, acollerá o sábado, 27 de xullo ás 22:30 horas, o festival gratuito “Vive O Baixo Miño Vive O Soul», un evento creado polo Concello do Rosal en colaboración con River Bucks A.C. para achegar o Baixo Miño a mellor da música nacional e internacional e dar a coñecer tamén o fermoso entorno do Baixo Miño.

Será unha noite de Soul, de R&B, de festa e onde duas bandas lideradas por mulleres, The Black Note (Madrid) The Butttshackers (Francia), nos farán bailar sen descanso nesta primeira edición do «Vive o Baixo Miño Vive o Soul».

The Black Note proceden de Madrid e o frente da banda temos a sensual e desgarradora voz de Blanca de la Plaza. Veñen por primeira vez a nosa terra para presentar as canción do seu novo álbum  «I´m Here and I´m Ready»  onde o Soul, o Funk e Rhythm&Blues son os seus ingredentes principais. Stevie Wonder, Ray Charles, Sam Cooke, Otis Redding, Etta James, Elvis Presley, Cole Porter, Nina Simone, Aretha Franklin,… son algunhas das suas referencias musicais e seguro que nos deleitarán unha boa dosis deles no concerto de apertura de esta primeira edición do «Vive o Baixo Miño- Vive o Soul»

O prato forte da noite será sen duda a visita de The Buttshakers. A banda francesa liderada pola carismática  Ciara Thompson,  non deixará a naide indiferente ante o seu derroche de enerxía e pasión sobre o escenario, a base de  Rhythm and Blues, Soul e esa dosis de enloquecido  Garaje. Seguro que remataremos esgotados de tanto baile frénetico intentando seguir o ritmo marcado por unha das mellores bandas de este xénero creadas en Europa.  Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley, James Brown, Tina Turner, Bellrays, …… e infinidade de bandas poderían ser refenecia de esta Bomba Explosiva chamada The Buttshackers!.

The Black Note
The Black Note