O vindeiro domingo, 4 de agosto e durante todo o día, o Mercado de San Miguel acollerá a “III Feira do Mirabel”.

Programa:

  • Dende as 9.30 horas que dará inicio a Andaina “San Miguel-As Aceñas” con saída do Mercado de San Miguel, os asistentes poderán facer un percorrido que inclúe visita a fincas de mirabeis e degustación da froita na Escola de Hostelería “O Rolete”. Finalizará no punto de inicio onde se sortearán uns lotes de mirabeis e menús para degustar na feira entre as persoas participantes. Para participar na andaina é preciso inscribirse nas oficinas do Concello. Prezo: 5€. Dificultade baixa.
  • Ás 12:00 horas, dará inicio a Presentación e Apertura da III Feira do Mirabel.
    Entrega dos premios aos concursantes gañadores do Concurso Fotográfico “O Mirabel do Rosal” e degustación de mirabeis e produtos derivados da froita. Todo acompañado de música tradicional galega coa actuación de Tremelique.
  • Ás 13.00 horas, mostra de elaboración de cócteles con produtos de mirabel.
  • Ás 14:00 horas, Xantar no entorno da feira cun menú popular de 16 euros elaborado por O Rolete: Empanada, codillo con guarnición, postre de mirabel, bebida e café. Venta de vales para as comidas, no estanco O Rosal e no Rolete. Con cada menú entregarase un número para un sorteo de produtos ao final da feira. Pola tarde, despois da comida, seguirá a festa co sorteo de produtos.
  • Ás 17:00 horas, será o III Concurso de Bizcoito de Mirabel, e ás 18:30 horas dará comenzo o Concurso de Miss e Mister Mirabel con diferentes categorías infantil, xuvenil e adulto.
  • Ás 21:30 horas, actuación de Alberto Cunha dentro dun programa que inclúe gastronomía, cultura, música e animación durante todo o día.

Dende as 10:00 e ata as 22:00 horas, haberá servizo de cafetería e bar, degustación de mirabeis e poderase coñecer de primeira man os produtos elaborados coa froita, xa que estarán expostos no propio Mercado os stands de exhibición e venda de produtos.

Así mesmo, as fotografías participantes no Concurso Fotográfico exporanse no interior do Mercado e durante todo o día haberá animación para os máis pequenos.
Ainda hai tempo para anotarse tanto á andaina, como no concurso de bizcoito e nos certames de miss e mister mirabel. As bases e inscricións para participar en todos os eventos poderán consultarse e realizaranse no comercio local.