Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra este enfermidade. En España diagnostícanse ao redor de 33.307 novos casos de Cancros de Mama ao ano.
O cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres, e o Concello do Rosal quere mostrar toda súa solidariedade con esta loita, polo que nos vindeiros días iluminará os seus edificios públicos de cor rosa, cor representativa deste tipo de cancro.
Esta data pretende sensibilizar á poboación cunha mensaxe crave: a importancia da detección precoz, que segue sendo a pedra angular da loita contra esta enfermidade, polo que é moi importante someterse a probas de diagnóstico precoz, xa que se o tumor é detectado na súa etapa inicial, as posibilidades de curación son moi altas.
Así, o vindeiro mércores 23 de outubre, ás 20:00 horas, haberá una conferencia no salón de Exposicións do Concello do Rosal a cargo do DR. Gonzalo Castro Parga, recoñecido cirurxián da Unidade de Patoloxía Mamaria do CHUVI, e coordinador da Unidade de Mama do Hospital Vithas Fátima de Vigo.