O Rosal pon en funcionamento a nova aula “Madruga” en Marzán

A Alcaldesa do Rosal, Mª Carmen Alonso Alonso, visitou esta mañá a casa escola de Marzán, para  ver o funcionamento da nova aula “Madruga” que comenzou hoxe á súa andadura nestas instalacións municipais.

Logo dun tempo de traballo e consenso entre o Centro Rural Agrupado e o Concello do Rosal, por fin está en marcha este proxecto que facilitará ás familias do Rosal poder conciliar familia e traballo.

O Concello con recursos propios habilitou as instalacións e aportará os alimentos do almorzo (leite, cacao, zumes , galletas e cereais). O horario de funcionamento da aula Madruga é de 8.00 da mañá a 8.50 horas, xa que nese momento un autobús recolle aos nenos e nenas en Marzán para distribuilos a cada unha das súas unitarias.

Este proxecto terá continuidade no mes de setembro cando o comedor escolar esté listo para comenzar a funcionar. Deste xeito, o proxecto, promovido pola dirección do centro educativo coa colaboración do concello, terá os seus froitos logo dun tempo de traballo.