Durante os meses de outubro e novembro foron moitas as actividades educativas, culturais e de concienciación social programadas polo Concello do Rosal.
Dun xeito especial traballouse cos centros educativos e xente nova do concello, facendo unha aposta pola educación, a formación e a concienciación.
Actividades nos centros educativos:
Beneficiaronse 235 nenos e nenas do concello, coa completa convicción de que é o traballo con eles e elas é o medio para acadar cambios na sociedade.
- Igualdade con primaria: 71 nenos e nenas con idades entre os 6 e os 8 anos do CRA María Zambrano e do CPI Suárez Marquier.
- Proxecto Bambú con secundaria: 57 mozos e mozas de 1ºESO.
- Obradoiros de afectividade e sexualidade: 107 mozos e mozas de 2º e 3º ESO.
- Exposición “Á Violencia Dille Non”: exposta durante o mes de novembro no CPI.
Exposición Mar Caldas 100% Contigo:
Outra banda importante foi a campaña de visibilización e posta en valor das mulleres do Rosal a través da exposición 100% contigo, que a artista Mar Caldas levou a cabo durante este verán en diferentes espazos e que deu como froito unha exposición na que a muller do Rosal era a auténtica protagonista. 78 mulleres foron fotografiadas, e onte, 25 de novembro foron homenaxeadas nun acto no que se proxectou o video e se entregaron as fotografías.
Exposición “Achega das Mulleres á Sustentabilidade do Mar”:
No Salón de Exposicións do Concello do Rosal entre o 20 de novembro e o 3 de decembro.
II Concurso de Haikus:
Poemas de 3 versos con temática contra a violencia de xénero. Resultaron gañadores Teodosio González na categoría adulto, e Naomi Baz na categoría infantil. Onte 25 de novembro, a alcadesa do Rosal, Mª carmen Alonso Alonso, entregou un ebook como agasallo a cada gañador e volorou á súa capacidade de plasmar nun poema a loita contra a violencia de xénero.
Eu Tomo Partido, E Ti?:
Este ano parte do equipo de Acanor Novás colabora neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da Violencia de Xénero. 10 persoas entre xogadores e directivos do Acanor Novás de balonmán decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións. Os carteis están expostos entre o comercio local.
Luces moradas en edificios públicos:
Como en anos anteriores varios edificios estiveron iluminados de morado durante a semana de conmemoración do 25 de novembro.
Cemercio Local Contra a Violencia:
Durante o mes de novembro permanecerán nos seus establecementos os carteis de Eu tomo partido, e ti?.
O Rosal segue traballando e apostando pola formación e a concienciación, non se queda únicamente na data concreta senón no traballo constante ao longo de todo o ano.